A nosa radio escolar

CEIP Plurilingüe de Belesar · Baiona (Pontevedra) — Soñamos o porvir

Guía docente · Revisión de accesibilidade 2026

A nosa radio escolar

Fundamentación e decisións docentes

Óptica preferentemente construtivista, flexible para a aula real, coas referencias de Tonucci, Nemirovsky, Castedo, Ausubel, Piaget e Vygotsky recollidas no proxecto. Partimos de ideas previas, textos completos e problemas auténticos. Conservamos decisións do alumnado e revisamos coas probas e coa resposta dos destinatarios. As sesións son orientativas e o docente decide que apoios precisa o grupo.

Un reto con destinatario

Unha grella de programas e unha primeira emisión para outra clase ou para a comunidade escolar.

PERCORRIDO DA INVESTIGACIÓN; 01; Escoitamos para descubrir; 2 sesións; 02; Que podemos contar na radio?; 2 sesións; 03; Podemos comprobalo?; 3 sesións; 04; Da nosa idea ao guión; 3 sesións; 05; Probamos coa voz; 2 sesións; 06; Compartimos a nosa radio; 3 sesións
Un percorrido orientativo con tempos para revisar.

15 sesións de 55 minutos · 13 h 45 min. Tempos orientativos, axustables ao grupo.

Percorrido

Escoitamos para descubrir

Recoñecer voces, música, silencios e intencións antes de definir a radio.

Abrir tarefa

Que podemos contar na radio?

Distinguir xéneros pola súa finalidade e construír unha clasificación propia.

Abrir tarefa

Podemos comprobalo?

Contrastar mensaxes con probas e aceptar que ás veces falta información.

Abrir tarefa

Da nosa idea ao guión

Decidir a grella e redactar textos para ser escoitados.

Abrir tarefa

Probamos coa voz

Usar a escoita dos compañeiros para mellorar a comunicación.

Abrir tarefa

Compartimos a nosa radio

Emitir para destinatarios reais e revisar o aprendido.

Abrir tarefa

Como acompañamos a aprendizaxe

Partimos das ideas previas, exploramos preguntas e contrastamos interpretacións. Os modelos son apoios, non respostas para copiar. Cada persoa toma decisións, contribúe ao produto e revisa unha idea con probas ou co comentario doutra persoa.

O docente escolle os apoios: lectura compartida, palabras clave, resposta oral, ditado ou versión de acceso en maiúsculas. Os criterios avalían aprendizaxes, non a cantidade de escritura nin a comparación entre persoas.

Aula sen pantallas

O kit é un menú de lecturas e páxinas seleccionables; non un caderno obrigatorio. Comparte as láminas e imprime os rexistros necesarios. Os vídeos son complementarios. Os destinatarios e a difusión acórdanse co centro.

Kit-aula-sin-pantallas · PDFKit-aula-sin-pantallas · ODTDiario-de-aprendizaxe · PDFDiario-de-aprendizaxe · ODT

Referencia curricular conservada

Decreto 155/2022. A concreción e o seguimento corresponden ao docente.

TítuloA nosa radio escolar
Etapa e cursoEducación Primaria · 3.º (2.º ciclo)
Área dominanteLingua Galega e Literatura
Áreas integradasCiencias Sociais · Ciencias da Natureza · Lengua Castellana
Lingua vehicularGalego
Temporalización15 sesións de aproximadamente 1 hora (2.º trimestre)
Reto / produto finalPrograma de radio con varias seccións emitido na Radio Escolar do centro
MetodoloxíaAprendizaxe baseada en proxectos, traballo cooperativo, alfabetización mediática crítica
Recursos do centroRadio Escolar, sistema de megafonía, computadores con Audacity, blog do centro
ÁreaObxectivos (OBX)Saberes básicos principais
Lingua Galega e Literatura
(dominante)
OBX1, OBX2, OBX3, OBX4, OBX5, OBX6, OBX9. Comunicación oral (escoita, produción e interacción; expresión oral, dicción, cortesía). Comunicación escrita (o guión radiofónico). Alfabetización mediática (medios de comunicación; búsqueda e contraste de información; uso crítico; bulos e desinformación). As linguas e os seus falantes (a realidade lingüística de Galicia, valoración do galego como lingua dun medio de comunicación real). Educación literaria (sección literaria da radio).
Ciencias Sociais OBX1, OBX7. Os medios de comunicación na sociedade. Participación e convivencia democrática (a radio como ferramenta de participación da comunidade educativa). Recursos dixitais para a comunicación.
Ciencias da Natureza OBX1. Divulgación científica: sección de ciencia do programa (curiosidades, experimentos contados ao público).
Lengua Castellana OBX2, OBX9. Tratamento integrado das linguas: seccións bilingües, contraste de rexistros, vocabulario radiofónico nas dúas linguas.
TarefaSesiónsObxectivo principal
Primeiros pasos2Escoitar programas reais, activar ideas previas, presentar o reto.
Tarefa 1. Xéneros e seccións2Coñecer os xéneros radiofónicos e identificalos nun programa real.
Tarefa 2. A información (bulos e contraste)3Distinguir noticia ben feita de bulo; pasos para contrastar.
Tarefa 3. Escribimos o guión3Mapa mental da parrilla e redacción do guión por bloques.
Tarefa 4. Ensaio e locución2Traballar a voz, ensaiar, axustar o guión.
Tarefa final. Gravación e emisión3Gravar, editar e emitir o programa na Radio Escolar.