Reporteiros da nosa parroquia
Fundamentación e decisións docentes
Óptica preferentemente construtivista, flexible para a aula real, coas referencias de Tonucci, Nemirovsky, Castedo, Ausubel, Piaget e Vygotsky recollidas no proxecto. Partimos de ideas previas, textos completos e problemas auténticos. Conservamos decisións do alumnado e revisamos coas probas e coa resposta dos destinatarios. As sesións son orientativas e o docente decide que apoios precisa o grupo.
Un reto con destinatario
Un programa sobre lugares, servizos e persoas da parroquia para a comunidade escolar.
15 sesións de 55 minutos · 13 h 45 min. Tempos orientativos, axustables ao grupo.
Percorrido
Que queremos saber da parroquia?
Converter experiencias e dúbidas do entorno en preguntas investigables.
Abrir tarefaNecesidades, servizos e institucións
Comprender quen organiza servizos próximos sen memorizar organigramas.
Abrir tarefaPreguntamos e escoitamos
Preparar unha entrevista e reconstruír información sen inventar respostas.
Abrir tarefaDa investigación ao programa
Comunicar o aprendido sen perder a procedencia da información.
Abrir tarefaEnsaio e gravación
Ensaiar e tomar decisións de comunicación a partir da escoita.
Abrir tarefaA parroquia chega aos oíntes
Compartir información local verificada e valorar o proceso.
Abrir tarefaComo acompañamos a aprendizaxe
Partimos das ideas previas, exploramos preguntas e contrastamos interpretacións. Os modelos son apoios, non respostas para copiar. Cada persoa toma decisións, contribúe ao produto e revisa unha idea con probas ou co comentario doutra persoa.
O docente escolle os apoios: lectura compartida, palabras clave, resposta oral, ditado ou versión de acceso en maiúsculas. Os criterios avalían aprendizaxes, non a cantidade de escritura nin a comparación entre persoas.
Aula sen pantallas
O kit é un menú de lecturas e páxinas seleccionables; non un caderno obrigatorio. Comparte as láminas e imprime os rexistros necesarios. Os vídeos son complementarios. Os destinatarios e a difusión acórdanse co centro.
Kit-aula-sin-pantallas · PDFKit-aula-sin-pantallas · ODTDiario-de-aprendizaxe · PDFDiario-de-aprendizaxe · ODTReferencia curricular conservada
Decreto 155/2022. A concreción e o seguimento corresponden ao docente.
| Título | Reporteiros da nosa parroquia |
|---|---|
| Etapa e curso | Educación Primaria · 3.º (2.º ciclo) |
| Área dominante | Ciencias Sociais |
| Áreas integradas | Lingua Galega · Lengua Castellana · Ciencias da Natureza |
| Lingua vehicular | Galego |
| Temporalización | 15 sesións de aproximadamente 1 hora (3.º trimestre) |
| Reto / produto final | Programa da Radio Escolar «Reporteiros da nosa parroquia»: reportaxes e entrevistas sobre a parroquia, con emisión semanal ou quincenal |
| Metodoloxía | Aprendizaxe baseada en proxectos, fontes orais e traballo cooperativo |
| Recursos do centro | Radio Escolar, contorna da parroquia, familias e veciñanza |
| Área | Obxectivos (OBX) | Saberes básicos principais |
|---|---|---|
| Ciencias Sociais (dominante) |
OBX1, OBX3, OBX4, OBX5, OBX7. | Bloque «Vivir en sociedade»: organización e funcionamento da sociedade; institucións e servizos públicos da localidade; organización política e territorial de Galicia; usos do espazo e actividades produtivas. Bloque «As pegadas do tempo»: as fontes orais; cambios e permanencias na localidade. |
| Lingua Galega (vehicular) |
OBX2, OBX3, OBX4, OBX5, OBX6. | Comunicación oral: a entrevista, falar en público, cortesía lingüística; a noticia radiofónica. Comunicación escrita: o guión radiofónico. Alfabetización mediática: proceso de investigación, fontes, uso crítico. |
| Lengua Castellana | OBX2, OBX5. | Tratamento integrado das linguas: contraste de rexistros da entrevista; pequeno boletín bilingüe. |
| Ciencias da Natureza | OBX3. | Oficios ligados ao medio natural: a pesca, o marisqueo e a gandería tradicional como relación cos recursos naturais. |
| Tarefa | Sesións | Obxectivo principal |
|---|---|---|
| Primeiros pasos | 2 | Activar ideas previas, presentar o reto e construír o concepto de parroquia. |
| Tarefa 1. Como nos organizamos | 2 | Recoñecer as institucións e servizos da localidade. |
| Tarefa 2. Oficios e xentes | 3 | Coñecer a entrevista, facer o mapa mental e preparar a entrevista. |
| Tarefa 3. A linguaxe da radio | 3 | Coñecer os xéneros e fórmulas da radio; escribir o guión. |
| Tarefa 4. A gravar | 2 | Ensaiar a locución e gravar cada bloque. |
| Tarefa final. Montaxe e emisión | 3 | Montar, escoitar, avaliar e emitir o programa. |