Observar · comprobar · compartir
A vida ao noso redor
Unha guía baseada no que podemos comprobar
O alumnado observa a contorna, contrasta os seus rexistros e crea unha guía física para outra clase ou para a biblioteca. Non precisa ordenadores. As imaxes proxectadas, as fotos e a publicación dixital son apoios opcionais.

O reto
Produto principal: «A nosa guía de seres vivos da contorna de Belesar». Só se engaden a Groba ou a costa cando os rexistros procedan realmente deses lugares.
Percorrido de traballo
2 sesiónsTarefa 1Que pistas usamos para agrupar?
2 sesiónsTarefa 2Que atopamos, onde e con que proba?
3 sesiónsTarefa 3Que sabemos e de onde o sabemos?
3 sesiónsTarefa 4De que dependen os seres vivos?
2 sesiónsTarefa finalAxuda a nosa guía a outra persoa?
3 sesións
Canto tempo precisamos?
Percorrido completo: 15 sesións de 55 minutos. Ruta esencial: 12 sesións, unindo as dúas de inicio, as dúas de clasificación e as dúas últimas de presentación. Non se elimina a observación, a revisión nin o produto final. Os desprazamentos dunha saída longa requiren planificación adicional.
Kit completo de aula
Todos os materiais revisados, na orde da secuencia, con créditos das fotografías.
